Euante (lúa)
Euante (ou en grego Ευάνθη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIII, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 J 7.[1][2] Recibiu o nome de Euante en agosto do 2003, de acordo con algúns escritores versados na mitoloxía grega, Euante era a nai das Gracias.[3]
Euante ten un diámetro duns 3 kms e órbita Xúpiter a unha distancia duns 20,465 Gm en 598,093 días, cunha inclinación orbital de 143° respecto da eclíptica (142° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2001.
Euante pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares que órbita Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm e cunhas inclinacións de preto de 150°; pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter Maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)
- ↑ Sheppard, S.S.; Jewitt, D.C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter" (PDF). Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2003. Consultado o 24 de xullo de 2010.
- ↑ Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine., The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]